Home

 

O Grupo de Música Antiga Menestreis foi fundado por Xosé Ramón España Lorenzo en setembro de 2005 co obxectivo de intrepretar música medieval, renacentista e do primeiro barroco, utilizando réplicas de instrumentos da época. En 2008 o grupo constitúese en Asociación Musical e Cultural.

CANCIONEIRO MEDIEVAL GALEGO-PORTUGUÉS

Desde 2012 traballamos na recuperación das cantigas medievais galego-portuguesas profanas mediante a utilización da técnica do contrafactum. Pretendemos que poidan seren cantadas, oitocentos anos depois, coas súas letras orixinais.

O proxecto consiste en emparellar as melodías recompiladas polo rei Alfonso X nas Cantigas de Santa María cos textos dos poetas medievais galego-portugueses.

One Response to “Grupo de Música Antiga Menestreis”


Deixar un comentario