Home

 

O Grupo de Música Antiga Menestreis foi fundado en Boiro (A Coruña) en setembro de 2005 por Xosé Ramón España Lorenzo. O seu principal obxectivo é a intrepretación e a difusión da música medieval, renacentista e do primeiro barroco, utilizando réplicas de instrumentos da época.

En 2008 o grupo constitúese en Asociación Musical e Cultural. Posteriormente foi recoñecida como Asociación de interese Social e integrouse na rede de Asociacións do Concello de Boiro.

 

CONTRAFACTA DAS CANTIGAS MEDIEVAIS GALEGO-PORTUGUESAS

En 2012 comezamos o ambicioso proxecto de recuperar o son das cantigas medievais galego-portuguesas mediante a utilización da técnica do contrafactum. Esta técnica consiste en tomar unha melodía e substituír a letra orixinal por outra.

Esto mesmo é o que fixo o rei Alfonso X coas Cantigas de Santa María: cambiou os textos das cantigas orixinais profanas por textos relixiosos relacionados cos miragres da virxe María. Para este empeño contou con moitos afamados xograres e trobadores da época (século XIII). Os historiadores consideran que o propio rei podería ser autor dalgunha cantiga.

As cantigas de Alfonso X proporcionan unha información valiosísima sobre a música medieval galego-portuguesa pero das catrocentas vintenove a penas se puideron correlacionar unhas vinte melodías con respecto a súa letra orixinal.

Noutros cancioneiros consérvanse os textos de máis de mil cincocentas cantigas pero, desafortunadamente, sen notación musical. A música orixinal da inmensa maioría delas perdeuse hai centos de anos ou nin sequera chegou a ser escrita. Só unhas poucas conservaron algún tipo de notación musical como as de Don Dinís e seis das sete cantigas de Martín Códax.

As cantigas galego-portuguesas constitúen un enorme tesouro cultural, pero levan oitocentos anos sen seren cantadas coas súas letras orixinais.

O traballo musicolóxico do Grupo de Música Antiga Menestreis consiste en revertir o de Alfonso X. É dicir, tratar de emparellar as melodías recompiladas polo rei Alfonso cos textos dos poetas medievais galego-portugueses mediante a técnica do contrafactum.

Nas seguintes entradas iremos compartindo as partituras das contrafacta que vaiamos elaborando así como algúns audios e vídeos das mesmas.

rabel

Rabel

 

Advertisements

One Response to “Grupo de Música Antiga Menestreis”


Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s